lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

'Sentidiño', palabra galega deste 2019

'Sentidiño' palabra galega do 2019. RAG
'Sentidiño' palabra galega do 2019. RAG
 'Feminicidio', 'narcosubmarino', 'quecemento global', 'ecocidio' e 'negociación', foron os outros termos finalistas da votación 

Sentidiño é a palabra galega do ano 2019 elixida a través dunha votación pública no Portal das Palabras, a web de divulgación de léxico galego da Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Fundación Barrié

Deste xeito, sentidiño foi o termo máis votado polas persoas que participaron na elección. Segundo informa a institución académica, é unha palabra que denomina a forma galega de referirse ao "sentido común, un antídoto eficaz para moitas das preocupacións sociais". 

Feminicidio foi a segunda palabra máis votada deste 2019, ano no que as rúas se volveron a encher de voces contra a violencia de xénero e o machismo. Tamén destaca narcosubmarino como terceiro termo con máis apoios. 

A estas seguiron quecemento global, ecocidio e negociación, palabras que tamén foron finalistas após unha primeira fase de recollida de propostas entre o público.

O 51% DOS VOTOS. En total, sentidiño acaparou o 51 por cento dos votos emitidos no Portal das Palabras. A institución académica explica que este termo deriva de sentido, que á súa vez "se orixina da substantivación do participio pasado do verbo sentir". De feito, de todas as acepcións que dá o dicionario da RAG á palabra sentido, a cuarta está referida á "capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta" 

Ademais, a palabra gañadora deste 2019 destaca polo seu final en -iño, que neste cargo non outorga o matiz habitual de máis pequeno, senón o de calidade de sensato, aínda que frecuentemente tamén expresa "complicidade coa persona coa que se fala". 

Así as cousas, a RAG sinala que o sentidiño galego pode considerarse "un sinónimo de sentido común", o cal o dicionario o define como "bo xuízo" ou "calidade ou capacidade de xulgar e actuar cabalmente". 

'Sentidiño', palabra galega deste 2019
comentarios