O Sergas renovará 170 camas do hospital Meixoeiro e 25 do Álvaro Cunqueiro

O custo total da renovación de equipamento ascende a preto de medio millón de euros
Vista aérea del Hospital Meixoeiro. RAFA FARIÑA (ADP)
photo_camera Vista aérea do Hospital Meixoeiro. RAFA FARIÑA (ADP)

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) adquiriu 170 camas e outras tantas mesas de noite para a renovación do equipamento das habitacións de pacientes ingresados no Hospital Meixoeiro de Vigo por un importe de 410.371,50 euros, cofinanciados nun 80% con fondos europeos.

Ademais, comprou outras 25 camas e mesas de noite de pacientes para o Hospital Álvaro Cunqueiro por un importe de 74.868,75 euros, para facer fronte en mellores condicións aos picos asistenciais, informou o Sergas nun comunicado.

Estas novas dotacións enmárcanse no plan estratéxico da área sanitaria de Vigo.

Comentarios