Unha serpe de gran tamaño dá o susto ao coarse nunha casa de Agolada

Os bombeiros acudiron ao domicilio para retirar ao animal

Imagen de la serpiente encontrada en el domicilio. TVG
photo_camera Imaxe da serpe atopada no domicilio. TVG

Unha muller residente na parroquia de Órrea, no municipio pontevedrés de Agolada, levou un bo susto na noite deste mércores ao atoparse unha serpe de grandes dimensións no salón da súa propia casa.

Ela mesma foi a encargada de dar o aviso ao 112 pouco antes da medianoite, o que mobilizou á Policía Local de Agolada e aos Bombeiros do Consorcio do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

"A muller levou un bo susto, xa que se trataba dunha serpe de considerable tamaño. Medía arredor duns 60 centímetros", relatou Ovidio Reboredo, policía local de Agolada, á TVG.

Os encargados de retirar á serpe, con todo, foron os bombeiros. O xefe do servizo que cobre as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, Juan José Muñoz, explicou ás cámaras da TVG que cren que o animal pertence á familia das Natrix, popularmente coñecidas como serpes de colar.

"A serpe se atopaba asustada baixo o sofá do salón e foi retirada sen problemas cunha rede", declarou, tras o que foi liberada na mañá deste xoves nun monte próximo logo de pasar a noite no parque de bombeiros de Silleda.

Muñoz tamén especificou que esta especie é "totalmente inofensiva –non é velenosa–" e recomenda á poboación que avisen ao 112 en casos así non maten a este tipo de animais, pois son moi beneficiosos para o equilibrio ambiental.

Comentarios