jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

O sexo e os galegos: o 60% practícao pouco e cae o uso do preservativo

Un home busca cita por Internet. XESÚS Ponche
Un home busca cita por Internet. XESÚS Ponche
Un estudo dunha marca de preservativos revela os hábitos dos galegos na cama

Un 61,7% dos galegos practican sexo ningunha ou só unha vez á semana cando, segundo admiten, lles gustaría que fose unha vez polo menos cada dous ou tres días. Así se desprende do VIII Barómetro Os mozos españois e o sexo, elaborado pola marca de preservativos Control.

O estudo tamén revela o perfil dos galegos na cama. Son "clásicos pero curiosos". Máis do 80% dos mozos probarían posturas novas, aínda que o misioneiro segue sendo a máis practicada.

En canto ao horario, a localización e a postura habitual para practicar sexo, máis do 60% de galegos seguen preferindo a noite para ter relacións e, se é en casa, tanto eles como elas elixen a cama para o sexo, cunha media do 81,2%. 

En canto ás posturas, ademais do misioneiro (a favorita para o 68,4%), figura o cachorro (48,9%), por diante da amazona ou a culler. 

Sobre o concepto que teñen os galegos de si mesmos. o 48,9% séguense considerando fogosos nas súas relacións, seguido dos que se consideran divertidos (32,3%) e curiosos (27,1%).

Para practicar sexo fóra de casa, os galegos elixiron como primeira opción a praia cun 48,9%, clara vencedora nesta preferencia e, especialmente, de cara ao verán; seguida de lonxe polos probadores dunha tenda (28,6%) e polo coche (25,6%). 

Sobre as fantasías sexuais, o bondage (atar ou ser atado) achégase ao trío, que segue encabezando a lista

Cae forma alarmante o uso de preservativo masculino 
O estudo revela tamén a caída alarmante do uso do preservativo. O 51,1% afirma utilizalo, unha cifra que representa unha caída do 27,1% en comparación con 2018. Ademais, un de cada tres enquisados admite que só o utiliza ocasionalmente.  

Doutra banda, ademais das tendencias e hábitos sexuais no noso país, o Barómetro volve realizar unha radiografía das mellores rexións de España para practicar sexo. Un ranking que, segundo os enquisados, volve liderar Andalucía por quinto ano consecutivo, co 18% dos votos.

Tras os andaluces, os canarios (9,6%) e os cataláns (9,2%) completan o podio dos mellores españois na cama, mentres que os navarros, co 1,7% dos votos, pechan o ranking como os peor considerados en materia sexual. Pola súa banda, os galegos son os mellores para un 7,1%, ocupando a sétima posición do ranking. 

O sexo e os galegos: o 60% practícao pouco e cae o uso do preservativo
comentarios