Silva esixe a Ana Pastor que se desculpe "polos seus comentarios machistas"

Afea á candidata do PP que dixese "que a política pon ás mulleres máis guapas e máis rubias", en referencia a Elena Muñoz

Carmela Silva, en rueda de prensa. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera Carmela Silva, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Ana Pastor en Pontevedra. RAFA FARIÑAA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, esixiu este sábado á candidata do PP pola provincia ao Congreso, Ana Pastor, que se desculpe polos seus "lamentables e machistas declaracións" en Vigo. "Entre outras cousas sinalou que a política pon ás mulleres máis guapas e máis rubias, en referencia á popular Elena Muñoz", censura a líder socialista nun comunicado no que se mostra indignada "como muller, como política e como presidenta provincial".

"Eu sabía que Casado e Feijóo eran machistas, pero non sabia que o era Ana Pastor e moito menos cando hai uns días dixo que era feminista", asegura Silva na nota na que se refire directamente á exministra: "Vostede non é feminista, porque non pode selo ninguén que diga publicamente a outra muller que se dedica á política que o que nos cualifica é que damos bicos e sorrisos na rúa e que cando estamos na política poñémonos máis guapas e máis rubias".

A xuízo de Silva, estas declaracións supoñen "cosificar as mulleres e manter os estereotipos contra os que levamos loitando centos de anos, nos que soamente se pon en valor o físico das mulleres e actuacións que nada teñen que ver coa política".

Comentarios