O sorteo do cupón diario da Once reparte uns 315.000 euros en Pontecesures

Nove cupóns foron premiados con 35.000 euros cada un 

A muller atopouse a cantidade repartida en billetes de 50 euros. EP
photo_camera Billetes de euro. EP

O sorteo do cupón diario deixou o na localidade pontevedresa de Pontecesures nove cupóns premiados con 35.000 euros cada un, polo que repartiu uns 315.000 euros en premios. 

Segundo informou a Once, o vendedor de produtos Ángel Naveira Portas foi quen repartiu a sorte na súa ruta habitual de venda de produtos de xogo da Once no municipio de Pontecesures. 

O cupón diario da Once ofrece, por 1,5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras, recorda a entidade, que precisa que o cliente ten a oportunidade, por 0,5 euros máis, de xogar tamén á serie, e gañar A Paga de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros. 

Comentarios