Suspendidas as visitas ao Pórtico da Gloria pola onda de calor 

As visitas interrómpense ata novo aviso cando se cumpre unha semana da apertura ao público do Pórtico da Gloria

Detalle del Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago de Compostela. EP
photo_camera Detalle do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. EP

As visitas ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago quedaron suspendidas ata novo avisa por culpa da onda de calor que afecta a Galicia desde o pasado xoves. 

Segundo informou a Fundación Catedral desde a súa conta de Twitter, as visitas quedaron suspendidas desde as 19. 00 horas deste venres. 

Cando se cumpre unha semana da súa apertura ao público en xeral, a Fundación cancelou as visitas por motivos de conservación debido ás variacións climáticas nun venres no que os termómetros alcanzaron os 38 graos na capital galega. 

Comentarios