Suspendido sen data o xuízo por estafa de dúas traballadoras do Sergas

Prometían ás súas vítimas atopar un emprego en Sanidade a cambio de diñeiro, logrando ata 52.500 euros

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña aprazou sen data o xuízo contra dúas traballadoras do Sergas por un presunto un delito de estafa e fraude de case 50.000 euros a seis persoas ás que prometían atopar un emprego.

O proceso quedou suspendido debido a que non compareceu o letrado da Xunta de Galicia

O Ministerio Fiscal acusa a estas dúas persoas, traballadoras do Servizo Galego de Saúde, de actuar segundo un plan preconcibido en compañía dun home dos que non se saben máis datos. Unha delas fíxose pasar por alta directiva deste servizo, segundo o escrito de acusación, e a outra da súa secretaria, onde se gañaron a confianza de varias persoas da localidade de Ordes nas visitas que realizaban á cafetería da área de descanso da AP-9, onde se atopaban coas agora vítimas.

As acusadas, supostamente con ánimo de lucro e transmitindo falsariamente a idea dunha inexistente influencia na contratación de persoal para o Sergas, fixeron crer aos prexudicados que podían conseguir de forma directa un posto en tal administración. Para iso debíanlles abonar, previamente, determinadas cantidades de diñeiro, ademais de facilitarlles documentación persoal como DNI, currículo, resumo de vida laboral e de realizar uns cursos de informática que elas determinaban.

As procesadas, en sucesivas reunións, sempre segundo o escrito de acusación da Fiscalía, convenceron a sete persoas para a entrega de diñeiro e conseguiron un total de 52.500 euros para conseguir as contratacións deles ou de familiares e do valor do curso de informática que lles pedían facer.

Foi no 2011 cando as vítimas se decataron de que o tempo transcorría, as supostas contratacións non se producían e, ante as ameazas dos prexudicados de denunciar os feitos, devolveron 8.000 euros a dous deles. Un ano máis tarde, unha das acusadas enviou un correo a unha das vítimas coas cantidades abonadas e a data na que cada un deles. Supostamente, procedería a asinar os contratos que as ían a unir co Sergas.

Enganaron ás vítimas cunha firma inindentificable e un selo falso

Nese documento, segundo o escrito do Ministerio Fiscal, apréciase unha firma de imposible identificación cun selo encima que reza: Persoal contratado Sergas. Este foi usado polas acusadas e que este organismo e a Xunta de Galicia acreditaron que non se corresponde con ningún dos utilizados por eles a efectos laborais.

Por todos estes feitos ambas as mulleres son acusadas dun presunto delito de estafa agravada polo valor do defraudado, un delito de falsidade de documento público. A Fiscalía pide impor unha pena de prisión de seis anos e unha multa de 2.880 euros, ademais de indemnizar a cinco prexudicados nas contías estafas cos correspondentes intereses legais, cun total de 47.500 euros.

O proceso quedou suspendido debido a que non compareceu o letrado da Xunta de Galicia e aínda non se sinalou de novo, informan a Efe fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Comentarios