Susto no Parlamento galego ao desmaiarse a deputada Noela Blanco

A socialista sufriu unha "indisposición" cando accedía ao hemiciclo para o debate dos Orzamentos e foi trasladada por varios compañeiros ao gabinete médico do Pazo do Hórreo, onde non tardou en recuperarse

Noela Blanco, en el Parlamento. AEP
photo_camera Noela Blanco, no Parlamento. AEP

A deputada autonómica do PSdeG Noela Blanco protagonizou este martes o susto da sesión plenaria no Parlamento ao desmayarse cando se dispuña a acceder ao hemiciclo, onde ía comezar o debate final e a aprobación da Lei de Orzamentos de Galicia para o ano 2019. 

Aínda que foi a arousá do PP Marta Rodríguez Arias a primeira que a auxiliou, ao momento varios compañeiros de filas como Xoaquín Fernández Leiceaga e a lucense Concepción Burgo sacárona nunha das cadeiras de oficina da Cámara e desprazárona ao departamento médico do Parlamento, baixo a supervisión do deputado popular Aurelio Núñez Centeno, que é médico. 

Fontes socialistas da Cámara confirmaron horas despois a AGN que todo quedou finalmente nun susto froito dunha "indisposición" da deputada de Ourense, que a media mañá xa se atopaba recuperada. 

De todos os xeitos, a imaxe de Noela Blanco polos corredores en cadeira de rodas recordou ao capítulo vivido no ano 2004 polo entón presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne, que tamén sufriu un desmaio, aínda que no seu caso foi na tribuna de oradores. 

Comentarios