Tamaño, cor, forma do niño e colocación: claves para identificar á vespa velutina

A Axencia Galega de Emerxencias sinala as pautas necesarias para facilitar o traballo de recoñecemento e retirada dos niños

Nido de avispa velutina. DAVID FREIRE
photo_camera Niño de vespa velutina. DAVID FREIRE

A Axencia Galega de Urxencias (Axega) presentou este martes catro pautas para facer máis sinxela a identificación da vespa velutina, co obxectivo de facilitar o traballo dos servizos de intervención para a súa retirada. 

En concreto, os expertos apuntan á observación do tamaño e a cor do insecto, así como da forma e colocación dos niños, para diferenciar a vespa invasora tanto da común como da autóctona vespa cabro

Antes de proceder a pedir asistencia para a xestión do incidente, a Axega aposta por obter, na medida do posible e sempre sen comprometer a seguridade, unha serie de datos de importancia para a identificación da especie, clasificación e organización da actuación. 

Deste xeito, e "mantendo sempre a distancia de seguridade de cinco metros do niño", débese observar o tamaño do insecto, se é maior que a avispa común; e a cor, dado que a velutina ten as patas amarelas e a cabeza e tórax case negros. 

No que respecta aos niños, debe prestarse atención a dous aspectos. Por unha banda, a súa forma, que no caso dos das velutinas seméllase a unha pera; e, pola outra, á súa colocación. Neste sentido, será necesario saber se está colgado dunha árbore, por exemplo, e que tipo de especie arbórea é, así como a que altura, aproximadamente. 

Recoller toda esta información será de gran axuda para os equipos de intervención, xa que facilitará a planificación da retirada dos niños. Unha vez que se dispoña dos datos necesarios, pódese chamar ao teléfono da Xunta 012 para avisar da presenza do niño, ou ao número único de atención ás urxencias 112 a condición de que a súa localización supoña un risco para persoas alérxicas, enfermos ou menores. 

Comentarios