Tapan as pintadas da vivenda do Chicle en Rianxo

Na fachada da casa podían lerse palabras como 'violador', 'asasino' ou 'cómplice'

Pintadas en la casa de El Chicle. TVG
photo_camera Pintadas na casa do Chicle. TVG

Familiares do autor confeso da morte de Diana Quer, Enrique Abuín Gey, traballaron na mañá deste domingo en tapar as pintadas realizadas na vivenda familiar de El Chicle, en Rianxo, cando se produciu a detención. En concreto, a casa atópase na parroquia de Taragoña.

A fachada do inmoble no que vivía coa súa muller e a súa filla foi obxecto da rabia de persoas anónimas, que escribiron nos seus muros palabras como 'violador', 'cómplice', 'asasino' ou incluso máis intimidatorias, como a frase 'estás morto', con pintura branca e vermella.  Agora, varios achegados puxéronse ao choio para intentar recuperar o aspecto que tiña antes do arresto, segundo informa a TVG.

"Recoñecen que non teñen contacto cos veciños do lugar e que a súa intención é comezar con este xesto a rehabilitar a vivenda. Algúns veciños aseguraron amosarse sorprendidos cando comprobaron lestes cambios", aclara a cadea.

Comentarios