A temperatura da auga do mar dispárase ata os 22 graos en Galicia

O baño é especialmente agradable na zona de Vigo

Bañistas en una playa
photo_camera Bañistas nunha praia

Nin o Atlántico é o Mediterráneo nin o Cantábrico é o Caribe, pero estes días a temperatura da auga do mar está especialmente alta nas praias galegas, con temperaturas que oscilan entre os 19.2 graos de Muros e os 22 de Vigo, onde o baño é especialmente agradable tendo en conta que habitualmente non se pasa dos 18.

As boias mostran outros rexistros: 20.6 en Ribeira, 20.3 en Rande, 21.6 en Cortegada e 19.7 nas Cíes, por pór algúns exemplos. Na Mariña tamén se chegaron a alcanzar os 21 graos.

Esta vez non só a area está quente. Tamén a sensación térmica é boa dentro da auga na costa galega. Unha situación que se dá xa desde hai varios días, como testemuñan algúns bañistas. "A ver se as cousas van cambiando e podémonos meter no mar como fan no sur", asegura unha turista que leva anos veraneando nas Rías Baixas.

Comentarios