O tempo complícase: o mércores volven as choivas copiosas e o xoves, a neve

Unha fronte fría traerá precipitacións e ventos fortes a última hora do mércores  O xoves haberá alerta laranxa no litoral

Día de lluvia. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Día de choiva. LAVANDEIRA JR. (EFE)

Galicia continuará na xornada do mércores na influencia das borrascas que se desprazan polo Atlántico norte, á espera do paso dunha fronte activa nas últimas horas do día, que deixará copiosas choivas.

Así, tras unha mañá co ceo parcialmente cuberto, con néboas en puntos do interior, chegará unha tarde na que comezarán as choivas polo oeste. Estas choivas tenderán a xeneralizarse xa durante a noite e na madrugada do xoves.

As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán do sur e irán aumentando a súa intensidade ata alcanzar intervalos fortes ao final da tarde no litoral e nas zonas altas do interior.

Por iso, o mércores quedarán baixo alerta amarela por refachos de máis de 70 quilómetros por hora as provincias da Coruña e Pontevedra, as comarcas lucenses da Mariña e A Montaña e tamén as zonas altas de Ourense. No mar, o litoral coruñés e pontevedrés tamén estará en alerta por ventos de compoñente sur e forza sete e ondas de entre catro e cinco metros.

Alerta laranxa o xoves e neve a 1.000 metros
O xoves, tras o paso da fronte, chegará aire frío do oeste e a cota de neve situarase nos 1.000 metros durante o día e nos 1.300 á noite.

A xornada será gris e estará marcada polas choivas. Ademais, a alerta elevarase a laranxa en toda a costa galega por ondas de entre 5 e 7 metros, segundo a previsión da Meteogalicia.

Comentarios