viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Terremoto de 4,5 graos fronte á costa galega

Terremotos rexistrados. IGN
Terremotos rexistrados. IGN
É un lugar próximo ao do afundimento do Prestige

A rede sísmica do Instituto Xeográfico Nacional detectou ás 10.24 horas deste venres un terremoto de magnitude 4,5 graos no océano Atlántico, fronte ás costas galegas. En concreto, o epicentro localizouse na zona de montañas submarinas coñecida como Banco de Galicia, a uns 200 quilómetros da costa. é un lugar próximo ao do afundimento do Prestige e á fosa submarina onde durante décadas depositaron os seus residuos nucleares varias potencias europeas.

Aínda que a intensidade do tremor foi das maiores dos últimos anos, a distancia á que se produciu fixo que fose practicamente indetectable para a poboación. De feito, ás 06.35 horas do día anterior rexistrouse outro terremoto de 3,9 graos tamén en augas do Atlántico, aínda que algo máis afastado do litoral galego.

O martes, o Instituto Xeográfico Nacional tamén detectou dous tremores de menor intensidade (2,1 graos) con epicentro en Galicia: en Nogueira de Ramuín e en Quintela de Leirado.

Terremoto de 4,5 graos fronte á costa galega
Comentarios