Toño Sanchís, en 'Land Rober': "A Belén Esteban debería terlle roubado"

O que fora mánager da ex de Jesulín refúxiase en Porto do Son para escapar da presión mediática

Toño Sanchís, en Land Rober. TWITTER
photo_camera Toño Sanchís, en Land Rober. TWITTER

Toño Sanchís, o polémico exmánager de Belén Esteban, refuxiouse en Galicia para escapar da presión mediática. E foi aquí onde ofreceu a súa primeira entrevista tras perder nunha poxa o chalé no que aínda seguirán vivindo a súa muller e os seus fillos ata abril e que lle servirá para pagar á colaboradora televisiva.

En concreto, o que fora cantante dos Inhumanos acudiu ao estudio do Land Rober Tunai Show, onde, como non podía ser doutra forma, falou de Esteban: "Debería terlle roubado; así polo menos tería un millón". 

Sanchís, que se vestiu de mariscador, asegurou non cobraría por esta entrevista a pesar de que, segundo dixo, pagaríanlle "moito diñeiro" por estar nun estudio de televisión. 

"Hai oito anos vin a un concerto e namoreime da xente"

O que fora mánager da ex de Jesulín tamén explicou por que elixiu Porto do Son para refuxiarse. "Hai oito anos vin a un concerto e namoreime da xente. Como non vou volver? Onde non volvo é a Telecinco", sentenciou.

A súa presenza xunto a Roberto Vilar causou gran expectación e este venres moitos medios especializados no corazón facíanse eco das súas palabras. Ademais, a audiencia volveu situar a Land Rober como o máis visto dos xoves en Galicia,  cun 17,8% de cota tras reunir a 143.000 espectadores.

Comentarios