O deputado de Ciudadanos Toni Cantó referiuse este mércores no Congreso á situación que atravesa o español en diferentes puntos do país. E fíxoo durante a defensa dunha lei proposta polo seu partido segundo a que non queren que se pida aos funcionarios o dominio das linguas cooficiais nas comunidades con idioma propio.
Cantó asegurou que o español xa desaparecera en "lugares como Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, País Vasco ou Galicia". E foi máis alá ao afirmar que se trata "dun feito que ninguén pode negar".
Seguen os ataques contra a nosa lingua. Desta vez, Toni Cantó (C's), afirma que en Galiza xa non se fala castelán pola imposición do galego, cando as últimas estatísticas alertan da perda de galegofalantes.
— Twiter en galego (@chio_en_galego) 26 de setembro de 2018
Imos a seguir consentindo este tipo de mentiras contra a nosa lingua? pic.twitter.com/ELQGunY9rz
A resposta do deputado de ERC Joan Tardà non se fixo esperar. Mentres Cantó se refería a que a lei que propoñían defendía a igualdade, o catalán decidiu responder cun exemplo práctico.
Cando foi o seu turno e subiu á tribuna do Congreso, Tardà comezou a falar en catalán, polo que foi reprendido pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor. "Onde está a igualdade? Señor Cantó, os membros do seu partido nas Cortes Valencianas poden falar en castelán. Ninguén llelo impide. Sería unha aberración que alguén lles impuxera nas Cortes Valencianas o uso do valenciano. En cambio, aquí, no ano 2018, no corazón da democracia, no palacio das liberdades, vólvese a demostrar que non é posible" falar en catalán, dixo o político catalán.
A resposta de Cantó foi un sorriso e unha negación coa cabeza.
Hoy ha sucedido algo poético. Toni Cantó ha presentado la ley contra la discriminación lingüística, para acabar con la marginación, que según Ciudadanos, sufre el castellano en algunos territorios. Pues bien, Tardá le ha rebatido en catalán y le han cortado a los 40 segundos. pic.twitter.com/Pq3vaumHkT
— PabloMM (@PabloMM) 25 de setembro de 2018