lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

As tormentas deixan máis de 4.000 raios en Galicia nunha tarde

Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE
Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE

As tormentas deixaron máis de 4.500 raios na tarde e as primeiras horas da noite deste xoves en Galicia. Así o reflicten os datos publicados por Meteogalicia nun día marcado por raios e precipitacións que afectaron a practicamente toda a comunidade.

De feito, os raios son a causa máis probable de varios incendios rexistrados en Galicia, como o declarado na illa de Ons. As tormentas eléctricas fixéronse notar sobre todo entre as catro e as oito da tarde.

As previsións de Meteogalicia apuntan a que este venres persistirá a inestabilidade atmosférica, nun ceo no que se alternarán nubes e claros con posibilidade de chuvascos.

As tormentas deixan máis de 4.000 raios en Galicia nunha tarde
comentarios