Un total de 153 personas con discapacidade intelectual realizan os exámenes para celador

Casi 11.000 persoas opositan para unha das 390 prazas

Un total de 153 aspirantes presentáronse este sábado aos exames de concurso oposición da Xunta correspondentes á categoría de celador na quenda de discapacidade intelectual, o que supón unha participación do 70,18%. 

O número de persoas que estaban admitidas para as probas celebradas no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra), eran un total de 218, segundo informou a Xunta. Ao recinto de Silleda acudiu este sábado o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. 

Sanidade destacou que este é o primeiro proceso selectivo no que se habilitou unha quenda de acceso diferenciada para as persoas con discapacidade intelectual, coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas, que permiten a concorrencia destes aspirantes en condicións de igualdade ao emprego público, facilitando así a súa integración laboral. 

Tamén se habilitaron no exterior do recinto local como salas de espera de familiares e deuse acceso ao interior do recinto a representantes das asociacións que colaboraron para o desenvolvemento das probas, entre elas Fademga, Plena Inclusión e Down Galicia. 

Este domingo continuarán os exames de categoría de celador da Oferta Pública de Emprego do Servizo Galego de Saúde, a partir das 15.30 horas, cos aspirantes das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, que realizarán todos os exercicios que integran a fase de oposición. 

En total, na categoría de celador están citados a fin de semana 10.892 aspirantes para cubrir 390 prazas, 144 corresponden á quenda de acceso libre, 195 á de promoción interna, 21 á de discapacidade xeral e 30 á de discapacidade intelectual. 

Comentarios