Trasladada ao hospital unha nena rescatada da auga e reanimada nunha praia de Baiona

Estaba consciente cando foi levada ao centro sanitario

Unha nena foi trasladada este xoves a un centro hospitalario logo de ser rescatada da auga e reanimada por varias persoas na praia de Barbeira, en Baiona. Segundo informou o 112 Galicia, comunicaron a alerta as persoas que rescataron a menor ao redor das 16.30 horas.

A nena foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia no areal da localidade pontevedresa e estaba consciente cando foi trasladada ao hospital. 

Participaron na intervención de efectivos do servizo do 061, voluntarios do corpo de Protección Civil de Nigrán e persoal de Salvamento Marítimo.