lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

Trasladadas catro persoas, entre elas dous menores, por un incendio en Rianxo

Un camión de Bombeiros. ARCHIVO
Un camión de Bombeiros. ARCHIVO
O lume puido producirse nunha estufa de pellet

Un total de catro persoas, dous nenos e dúas mulleres, foron evacuadas na madrugada deste xoves polos servizos sanitarios de urxencia tras producirse un incendio na súa vivenda, situada no lugar da Senra, no concello de Rianxo.

Ás 03:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun dos moradores da vivenda informando da presenza de fume en toda a vivenda, posiblemente, procedente dunha estufa de pellet.

Deste xeito, o persoal do 112 Galicia avisou aos servizos sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segun confirmaron os membros do Servizo de Protección, Extinción de Incendios e Salvamento ao 112 Galicia unha vez finalizadas os labores de extinción e de ventilación da vivenda, o lume afectou a unha papeleira e ao moble onde estaba gardada.

Trasladadas catro persoas, entre elas dous menores, por un incendio...