Trasladan ao hospital a un home rescatado da auga na praia da Lanzada

O home, duns 70 anos, sufriu un problema de saúde cando se atopaba na beira da praia

Un home tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo de Pontevedra logo de ser rescatado da auga na praia da Lanzada, no Grove (Pontevedra).

Segundo informou o servizo de urxencias do Grove, o home, duns 70 anos de idade, sufriu un problema de saúde cando se atopaba na beira da praia.

Esta persoa entrou en parada cardiorrespiratoria e, tras ser atendido nun primeiro momento por algúns dos bañistas que se atopaban no lugar, o servizo de socorristas procedeu á súa reanimación.

Logo de ser alertados de mans da central de urxencias o 112, unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 trasladou ao Hospital Montecelo de Pontevedra ao home que, segundo as fontes consultadas, viaxaba con constantes vitais. 

Comentarios