lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Traxedia en Monforte: dous ocupantes dunha moto morren nun accidente

Estado no que quedaron os vehículos tras o accidente rexistrado nos arredores de Monforte. EP
Estado no que quedaron os vehículos tras o accidente rexistrado nos arredores de Monforte. EP
As vítimas mortais tiñan 20 e 39 anos e eran veciños desta localidade

Dous ocupantes dunha moto faleceron nun accidente de tráfico no que se viron implicados o seu vehículo e un turismo cando circulaban pola LU-903, ao seu paso pola parroquia de Santo Acisclo, en Monforte de Lemos. As vítimas mortais tiñan 20 e 39 anos e eran veciños desta localidade.

O 112 tivo constancia do sinistro ás 17.15 horas deste venres. A esa hora, os profesionais sanitarios comunicaban ao centro de urxencias un accidente rexistrado na estrada que une as localidades de Monforte e Castro Caldelas. 

Deseguido, o 112 solicitou a colaboración dos Bombeiros de Monforte, dos axentes de Tráfico e Policía Local e Protección Civil da localidade. 

A pesar dos esforzos dos servizos de urxencia desprazados ata ao lugar, nada puideron facer por salvar a vida dos motoristas. 

Traxedia en Monforte: dous ocupantes dunha moto morren nun accidente
Comentarios