jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

Trens Turísticos de Galicia amplía a súa oferta con dúas novas rutas

Nava Castro presenta novedades en el programa Trens Turísticos de Galicia. EP
Nava Castro presenta novedades en el programa Trens Turísticos de Galicia. EP

A Ruta do Viño Monterrei, a Ruta dos Viños do Ribeiro e Rías Baixas e a Ruta Lugo Romano sorprenderán con viaxes nas que aparecerán actores caracterizados

A oferta da sexta edición de programa de trens turísticos de Galicia ampliarase ata doce itinerarios, coa incorporación da ruta do Viño da Ribeira Sacra polo río Miño e a ruta dos Mosteiros.

Renfe, Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), presentaron este venres en Vigo os detalles desta sexta campaña, que se desenvolverá entre o 2 de xuño e o 27 de outubro.

O prezo por ruta será de 40 euros para adultos, con descontos do 15 % para grupos de dez ou máis persoas, e 20 euros para nenos de 3 a 13 anos.

 A Ruta do Viño Monterrei, a Ruta dos Viños do Ribeiro e Rías Baixas e a Ruta Lugo Romano sorprenderán con viaxes nas que aparecerán actores caracterizados

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, sinalou durante o acto de presentación na estación de Vigo Guixar que esta iniciativa é "unha das mellores opcións" para coñecer "os recursos e paisaxes de Galicia".

Ademais dos índices de ocupación rexistrados en 2017, cunha media do 86 % e nalgunhas rutas con todos os billetes esgotados, Castro fixo votos por superar este ano tamén a valoración media de 8,7 puntos sobre 10 conseguida entón.

Cerca do 98 % dos viaxeiros dos trens turísticos de Galicia recomendaríanllo aos seus amigos, segundo revelou Castro.

O ano pasado houbo viaxeiros de 17 países e da práctica totalidade das comunidades autónomas españolas.

AS NOVAS RUTAS. Unha das novidades da campaña de 2018 será a ruta do Viño da Ribeira Sacra polo río Miño (xa existía polo Sil), e que permitirá visitar convento das Bernarda e o Ecomuseo de Arxeriz, así como a adega Vía Romana tras un percorrido en catamarán. 

A outra novidade será a ruta dos Mosteiros, con visitas aos xardíns do pazo de Oca, coñecido popularmente como o Versalles Galego, os mosteiros de Carboeiro e Oseira e a vila do Carballiño e a súa afamada Igrexa da Beira Cruz.

O resto de rutas foron melloradas coa introdución de novidades, como a teatralización, visitas a novas adegas ou un programa opcional de actividades para coñecer Ferrol en profundidade.

Son a Ruta dos Faros, a Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Sil, a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras, a Ruta do Viño das Rías Baixas, a Ruta dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas, a Ruta do Viño Monterrei, a Ruta da Lamprea, a Ruta Lugo Romano e a Ruta Ourense termal e Versalles galego.

Trens Turísticos de Galicia amplía a súa oferta con dúas novas rutas
comentarios