O TSXG celebra a vista de apelación contra a sentenza do asasino de Ana Enjamio

A sentenza concluíu que non aceptou a ruptura da relación que mantiveron e matouna tras acosala durante meses
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera César Adrio testifica desde o Centro Penal da Lama. EFE

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrará este martes unha vista de apelación contra a sentenza que condenou a 30 anos e 4 meses de prisión a César Adrio Otero, como autor do asasinato do seu expareja, Ana Enjamio, ocorrido en Vigo na madrugada do 16 ao 17 de decembro de 2016, e que lle atribuíu tamén os delitos de acoso e vulneración da intimidade.

En concreto, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, considerou probado que acabou coa súa vida cravándolle unha arma branca repetidas veces logo de acosala durante meses porque non aceptou o fin da relación sentimental que mantivera con ela.

Ademais, apuntou que, a noite na que se cometeu o crime, César Adrio abordou a Ana Enjamio no portal do edificio no que ela residía e atacouna cun coitelo ou unha arma similar de modo sorpresivo sen que ela puidese defenderse. O ataque concentrouse no corazón da vítima.

Tamén se considerou probado que esta muller foi acosada por César Adrio desde a ruptura da súa relación, ocorrida o verán de 2016, e sinalouse a "conduta esaxerada" do procesado, que pretendía "impor a súa presenza" á vítima.

Do mesmo xeito, concluíuse que o acusado cometeu un delito de vulneración da intimidade, xa que se apoderou do teléfono da moza, tivo acceso ao seu contido, e enviou unha fotografía con ela ao exnovio de Ana (co que esta retomara a relación).

O tribunal tamén afirmou que concorrían distintos "indicios e datos" que situaban ao acusado como autor do asasinato a pesar de non haberse atopado nin a arma nin o teléfono da vítima nin a roupa que el utilizou no momento do crime. Además, os xuíces rexeitaron os argumentos deste home e a defensa respecto de que mantivo unha boa relación coa vítima ata a súa morte.

Agravantes

Así mesmo, os maxistrados contemplaron os agravantes de parentesco debido á relación mantida entre César e Ana e de xénero, aínda que esta non foi considerada probada polo tribunal de xurado.

Por estes motivos, a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a César Adrio a 25 anos de cárcere polo asasinato; e a 20 meses polo delito de acoso, así como a 3 anos e 8 meses de prisión pola vulneración da intimidade.

A sentenza tamén contemplou para o acusado a prohibición de achegarse a menos de 500 metros dos pais e o irmán de Ana Enjamio durante un período superior en 10 anos á pena máis alta de cárcere e unha indemnización de 201.200 euros para os mesmos.

Comentarios