sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

A UE avanza para que a pataca galega teña o seu propio selo de calidade

Patacas. ARQUIVO
Patacas. ARQUIVO
Segundo informa a Xunta, trátase dun cambio "moi demandado e esperado" polo sector

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a solicitude para modificar o selo de Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Pataca de Galicia e estendelo a toda a Comunidade. 

Segundo informa a Xunta, trátase dun cambio "moi demandado e esperado" polo sector, posto que agora a zona de produción redúcese a catro subzonas: Bergantiños (A Coruña); Terra Chá-A Mariña e Lemos (Lugo); e A Limia (Ourense). 

Con este novo trámite, explica o Executivo galego, conclúe a fase de análise do expediente por parte da Comisión Europea e iníciase os tres meses para que os outros estados membros da UE formulen as súas alegacións. 

Outro dos cambios solicitados é a introdución das variedades agre e fina de Carballo (A Coruña), que se sumarían á actualmente permitida, a 'kennebec'. Deste xeito, permitiríase o cultivo e transformación dunha variedade —a agre— "moi cultivada na zona da Limia e moi demandada pola industria para pataca frita", subliña a Xunta. 

Segundo os últimos datos oficiais, na Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia hai inscritos un total de 74 produtores e 10 almacenistas, cunha superficie de produción de 282 hectáreas repartidas entre as catro subzonas. En canto á comercialización, no 2018 foi de case 6.000 toneladas, o que xerou un valor económico de case 6 millóns de euros. 

A UE avanza para que a pataca galega teña o seu propio selo de...
comentarios