Un camión con volquete queda encaixado nunha ponte da N-550

A cabina do vehículo quedou suspendida tras enganchar o remolque nunha estrutura de paso

Un camión con volquete encaixouse contra a ponte do Polígono do Tambre, en Santiago, e quedou atascado, segundo informou o 112.

Ocorreu ás 16:00 horas deste martes cando circulaba pola N-550 en dirección á cidade da Coruña. A cabina quedou suspendida tras enganchar o remolque nunha das estruturas de paso.

Os bombeiros tiveron que servirse da autoescalera para poder sacar ao ferido do interior da cabina. Unha vez fose do vehículo, foi atendido e trasladado á Clínica Rosaleda nunha ambulancia de Urxencias Médicas.


Un particular pediu axuda ao persoal do CAE 112 Galicia que, enseguida, activou o operativo que completaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios