O PSdeG nomea a Abel Caballero por erro como portavoz no Hórreo

Fontes socialistas restaron importancia á equivocación e incidiron en que "aos 20 minutos xa estaba solucionado"
Gonzalo Caballero. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Gonzalo Caballero. XOÁN REI (EFE)

O Grupo Parlamentario Socialista enviou un escrito á Mesa do Parlamento de Galicia no que rexistrou, por erro, a Abel Caballero como novo portavoz parlamentario en lugar da o secretario xeral do PSdeG e sobriño seu, Gonzalo Caballero. Tratábase do formalismo para relevar a Xoaquín Fernández Leiceaga á fronte do grupo no Hórreo e o gazapo non pasou de anécdota. De feito, fontes socialistas restáronlle importancia e atribuírono a un "erro humano" que "aos 20 minutos xa estaba solucionado".

O que ocorre é que o erro non tardou en ser difundido por diferentes cargos populares a través das redes sociais, como o propio vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; ou o  número dous do partido, Miguel Tellado.

Erros aparte, Gonzalo Caballero xa é oficialmente portavoz parlamentario do PSdeG e deixará a xestión ordinaria do día a día do grupo en mans de tres viceportavoces: Patricia Vilán, Luís Álvarez e Noela Blanco. Tamén haberá cambios nas comisións.

Comentarios