Deteñen a un mozo por agredir aos seus pais no seu domicilio vigués

Os pais manifestaban marcas na cara e unha posible crise de ansiedade. O rapaz manifestou que "non é ningún mocoso" e que "en casa mandaba el"

A Policía Local de Vigo detivo a C.A.M., home de 28 anos de idade nado e domiciliado na cidade, por agredir aos seus pais na vivenda familiar. Fontes policiais informaron de que os feitos tiveron lugar ao redor das 22.30 horas da noite do domingo nun piso da rúa Teixugueiras.

A nai do agresor foi a encargada de alertar á Policía, que se desprazou ao lugar e observou como un home se atopaba discutindo cun home e unha muller que resultaron ser os seus pais. O pai do mozo atopábase moi nervioso e tiña os pómulos inchados e erosións na zona posterior do pescozo. Manifestou que era habitual que o seu fillo utilizase unha linguaxe agresiva e que, momentos antes da agresión, orixinou unha discusión para, a continuación, golpearlle o rostro de forma reiterada.

Por outra banda, a nai do mozo, que nese momento sufría unha posible crise de ansiedade, reforzou o testemuño do seu marido narrando que o seu fillo regresou á vivenda "moi alterado" e que, tras iso, comezou a golpear ao seu pai sen motivo aparente cando intentou tranquilizalo. Ademais, os axentes entrevistaron tamén ao mozo agresor, quen manifestou que "non é ningún mocoso" e que "en casa mandaba el.

En vista do descrito e das lesións presentadas polos pais, a Policía procedeu á detención do mozo por un delito de violencia no ámbito familiar.

Comentarios