UU AA pide axuda aos cazadores para loitar contra o xabaril

O sindicato denuncia que os agricultores están "sos" ante os danos ocasionados polo animal

Destrozos ocasionados por el jabalí en una finca. ARCHIVO
photo_camera Desfeitas ocasionadas polo xabaril nunha leira. ARQUIVO

Unións Agrarias (UU AA) denunciou que os agricultores e gandeiros galegos están "sos" fronte aos danos do xabaril nas colleitas de millo. 

Por iso, o sindicato agrario pide apoio dos cazadores e da Consellería de Medio Ambiente para salvagardar as principais zonas produtoras de millo, que están comprometidas "seriamente". 

"A caza é a día de hoxe unha ferramenta de xestión da fauna salvaxe"

Desde o pasado 25 de agosto está aberta a veda de xabaril, e UU AA recorda que as sociedades de caza e tecores poden comezar as batidas, pero "en moitas zonas está a atrasarse este inicio de tempada de caza por falta de colaboración de cazadores". 

Por iso, fai un chamamento a mellorar a colaboración e comunicación entre cazadores e agricultores, xa que "a caza é a día de hoxe unha ferramenta de xestión da fauna salvaxe", e máis ante o "descontrol" do xabaril.

Comentarios