Carmen, unha veciña de Vilanova de Arousa converteuse na protagonista do día. Esta "valente" septuaxenaria, así se define ela, logrou reter a unha ladroa, que acababa de roubar na súa vivenda, ata a chegada de policía.
A muller, que se atopaba traballando na horta, viu como a acusada de furto, que chegara en taxi, saía da súa casa. Levou un pendente e unha cadea de ouro, segundo informa a Televisión de Galicia.
Pola súa banda, a filla de Carmen tivo que cruzar o seu coche na vía para impedir que a moza marchara.
A Policía Local pronto chegou á vivenda para identificar á rapariga, que resultou ser unha veciña de Poio que xa contaba con detencións por feitos similares. A arrestada xa foi posta a disposición xudicial.