Un mozo de 31 anos falece nun accidente de moto en Riotorto 

Xerouse un pequeno incendio a causa da perda de combustible do vehículo
Motocicleta calcinada en Riotorto. GARDA CIVIL
photo_camera Motocicleta calcinada en Riotorto. GARDA CIVIL

Un motorista de 31 anos, veciño de Foz, faleceu na tarde deste sábado como consecuencia dunha saída de vía no quilómetro 47 da N-640, no municipio de Riotorto, á altura da zona da Casanova.

Sobre as catro e media da tarde, o 112 recibiu o aviso e mobilizou a Urxencias Sanitarias, ao GES da Pontenova, os bombeiros do parque de Barreiros, Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de Estradas, xa que a moto perdeu combustible e prendeu un pequeno anaco de monte, onde se acumulaba herba seca, pero quedou rapidamente controlado.

É o segundo suceso tráxico que sofre este municipio nun período dous días, pois o xoves un home faleceu na localidade ao quedar atrapado baixo o tractor que manexaba.