Un pobo zamorano elixe nunha consulta disgregarse de Castela e unirse a Galicia

Os veciños de Porto de Sanabria séntense discriminados pola súa comunidade

Unha das concentracións convocadas polos veciños de Porto de Sanabria. FACEBOOK
photo_camera Unha das concentracións convocadas polos veciños de Porto de Sanabria. FACEBOOK

Os veciños de Porto de Sanabria, un pobo da al montaña de Zamora lindeiro con Ourense, queren ser galegos. Séntense discriminados pola súa comunidade e acaban de elixir cun 90% dos votos nunha consulta popular disgregarse de Castela e León. 

Aínda que a consulta só preguntaba se querían ou non seguir formando parte de Castela e León, os pouco máis de 200 residentes do pobo teñen claro que a opción é unirse a Galicia.

"Culturalmente somos galegos e xeográficamente tamén", di un veciño da zona. "Llevaríamos un montón de perjuicios a Galicia pero también muchos beneficios, como la extensión del terreno y los recursos hidráulicos de tiene Porto", afirmou outro en declaracións á TVG.

"Castilla y León ignora totalmente esta zona y, por lo tanto, nosotros no debemos pertenecer a esta comunidad que nos está dando la espalda desde hace años", engadiu outro residente. 

Os veciños, que crearon a plataforma 102 aseguran que seguirán loitando pola supervivencia do seu pobo. Entre as súas principais demandas está a reparación da estrada que pasa pola localidade e que, según din, se atopa nunha situación lamentable.

Comentarios