Un vehículo cae por un terraplén na Pobra do Brollón tras saírse da vía

A condutora puido saír polo seu propio pé do coche e o seu estado de saúde non reviste gravidade

Un vehículo sufriu un sinistro ao saírse da vía e caer por un terraplén cando circulaba pola N-120, á altura da Pobra do Brollón.

A condutora saíu do coche polos seus propios medios e, aínda que recibiu asistencia médica, o seu estado non reviste gravidade, segundo indica o 112. 

Este suceso produciuse ás 11.30 horas no lugar de Barxa de Lor, punto ao que acudiron os bombeiros de Monforte, que descartaron intervir en canto comprobaron que a condutora estaba fóra do vehículo.