A Veiga rexistra a temperatura mínima de Galicia, con -6,8ºC

O municipio bate marcas no día no que entra a primavera en Galicia

O Cebreiro, con neve. ELISEO TRIGO (EFE)
photo_camera O Cebreiro, con neve. ELISEO TRIGO (EFE)

O municipio ourensán da Veiga rexistrou a temperatura mínima de Galicia nas primeiras horas da mañá deste martes, con -6,8 graos centígrados nunha xornada na que o inverno dará paso á primavera.

Segundo os datos de Meteogalicia até as 10.00 horas, recollidos por Europa Press, A Veiga rexistrou ás 8.30 horas a temperatura máis baixa de Galicia, seguida de Carballeda de Valdeorras, en Ourense, á mesma hora, con -5,7ºC.

Mentres, na montaña de Lugo rexistráronse outros valores mínimos significativos como os -4,2 graos centígrados en Cervantes e os -4,1 en Pedrafita do Cebreiro.

Pola súa banda, en localidades con altitude menor de 900 metros, os valores térmicos mínimos significativos corresponderon a Folgoso do Courel (Lugo), con -1ºC, Samos e A Fonsagrada (Lugo), con -0,6ºC, Chantada (Lugo), con -0,5ºC, e Viana do Bolo (Ourense), con -0,4ºC.

Comentarios