Venezolanos residentes en Galicia protestan en Vigo en contra dunhas eleccións "fraudulentas"

Os manifestantes clamaron ante a sede do Consulado de Venezuela en contra de Nicolás Maduro e das elección presidenciais

Varios centenares de persoas, segundo os organizadores, secundaron en Vigo a protesta convocada polos colectivos de venezolanos residentes en Galicia e de emigrantes retornados do país en contra das eleccións que este domingo se desenvolven non país que preside Nicolás Maduro e que tachan de "fraudulentas".

A convocatoria estivo realizada por entidades como a Asociación de Pensionados e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) e membros do colectivo de venezolanos da comunidade galega, en seguimento das protestas desenvolvidas en preto de 200 cidades de todo o mundo.

Na Praza de Compostela, ante a sede do Consulado de Venezuela en Vigo, os manifestantes concentráronse durante a mañá de este domingo para clamar en contra de Nicolás Maduro, ao que tacharon de "ditador", e dunhas eleccións presidenciais ás que estaban chamadas máis de 20 millóns de votantes. Segundo explicou Andres Varenkow, presidente da Asociación de Pensionados que en Galicia conta con preto de 600 integrantes, a "convocatoria electoral foi pírrica", posto que "os prazos non se cumpriron, a convocatoria tería que ser para decembro e fíxose agora por conveniencia" e porque, entre outras cuestións, "os principais actores políticos da oposición están inhabilitados".

Asociación de Pensionados e Xubilados de Venezuela en Galicia asegura que "a convocatoria tería que ser para decembro e fíxose agora por conveniencia"

Nesta liña, proseguiu sinalando que o proceso "está montado dunha maneira sospeitosa", cunha "autoridade electoral na que, de cinco membros, catro son oficialistas" e que "non resulta neutra para nada". "Consideramos que non é unha elección, é unha votación que non valerá para nada, que xa están contados os votos", insinuou.

Varenkow suxeriu que o que o goberno venezolano persegue con esta convocatoria "son concentracións ante os centros electorais para xustificar a cifra de apoios a Maduro, se ninguén acude é moi difícil manter que os 9 millóns de votos existen". Os manifestantes mostraron así "o rexeitamento do colectivo venezolano ante un proceso fraudulento e que se disfraza para unha democracia que non existe". Nos distintos carteis que portaron, figuraban frases como "Venezuela, unha narcodictadura, comunista e xenocida" ou "Venezuela, goberno rico, pobo pobre".

Comentarios