domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

O vento rolda os 114 quilómetros por hora en Lousame

Ondada en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Ondada en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
A sensación térmica este luns foi moi inferior á que marcaban os termómetros

O vento e o frío marcaron un luns xélido en Galicia no que nalgúns municipios, como Cedeira, Cuntis ou Malpica, rexistraron refachos de máis de 100 quilómetros por hora. A máxima da comunidade, con todo, alcanzouse na localidade coruñesa de Lousame (113,7 km/h), según os datos solicitados por Meteogalicia.

En canto ás temperaturas, a sensación térmica durante a xornada estivo "moi por baixo" do que marcaban os termómetros. Por exemplo, aínda que a mínima en Cervantes foi de -1 graos, a sensación térmica foi de -9 graos. 

As provincias da Coruña e Lugo, así como boa parte das de Ourense e Pontevedra, estarán na xornada do martes en aviso amarelo por fortes ventos de máis de 80 quilómetros por hora.

O vento rolda os 114 quilómetros por hora en Lousame
Comentarios