O verán actual dura cinco semanas máis que a principios dos 80

O cambio climático afecta xa a un 70% dos españois, segundo datos da Aemet ► Galicia non escapa do aumento das temperaturas

Es imprescindible tomar precauciones para evitar los golpes de calor. EP
photo_camera Un termómetro marca 40 graos en Lugo. AEP

Máis de 32 millóns de españois, é dicir, un 70% da poboación, xa se están vendo afectados as consecuencias do cambio climático, un fenómeno que está a provocar un alongamento dos veráns, acumulando anos moi cálidos na última década e provocando un aumento da frecuencia de noites tropicais. 

Así o pon de manifesto os datos do Open Data Climático, unha ferramenta da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) de acceso libre a partir do mes de abril, que contou con información procedente do seu Banco Nacional de Datos Climatolóxicos e, en particular, con datos procedentes dun total de 58 observatorios. 

Segundo as conclusións deste estudo preliminar, as temperaturas medias de todas as estacións son cada vez máis elevadas, aínda que o ascenso apréciase con máis claridade na primavera e, sobre todo no verán, estación que se converte na máis afectada o cambio climático, pois se está volvendo máis longo e máis cálido. 

En concreto, os datos revelan que o verán está a alargarse nove días de media por década, co que o verán actual abarca cinco semanas máis que a comezos dos anos 80, aínda que o quecemento afecta a todas as estacións do ano. En xeral, as temperaturas son máis cálidas agora entre abril e outubro, o que confirma que esta estación comeza antes e termina despois. "É algo que todos notamos e os datos véñennos a confirmar", subliña un dos portavoces da Aemet, Rubén del Campo. 

En seis dos últimos oito veráns, rexistráronse temperaturas un 20% máis altas do habitual nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense

Os datos tamén revelan que as superficies con climas semiáridos están a avanzar en España, e ocupan xa un 6% máis que no período 1961-1990, é dicir, duns 30.000 quilómetros cadrados, un aumento "considerable", segundo outra das portavoces da Aemet, Beatriz Hervella. As zonas máis afectadas son Castela-A Mancha, o val do Ebro e o sueste peninsular, ao ser estas as máis propensas a non rexistrar precipitacións. 

Con respecto ás temperaturas, o estudo confirma unha tendencia a temperaturas máis altas en España desde 1971, tanto en valores medias como en máximas e mínimas, o que afecta directamente á poboación no referente ao índice de mortalidade. Este resultado concuerda co feito de que os anos máis cálidos rexistráronse na súa maioría no século XXI. 

Os datos revelan que os veráns son moi cálidos en Lugo, Pontevedra e Ourense. En seis veráns desde 2011, producíronse situacións excepcionais con temperaturas ata un 20% máis altas do habitual. 

A costa de Lugo e A Coruña estarán en alerta este mércores por fenómenos costeiros

Doutra banda, o estudo sinala que a temperatura superficial do Mediterráneo está a aumentar 0,34ºC por década desde principios dos anos 80. Este achegue de calor provoca unha expansión termal que contribúe ao incremento do nivel do mar. De feito, desde 1993 o nivel do Mediterráneo aumentou en 3,4 milímetros por ano. 

Segundo os resultados do Open Data Climático, un Mediterráneo cada vez máis cálido repercute nas súas rexións costeiras aumentando o número de noites tropicais, é dicir, aquelas en as que a temperatura mínima iguala ou supera os 20ºC. 

Finalmente, estudouse a ocorrencia das ondas de calor e de frío. Aínda que os episodios fríos diminúen en número de días, as ondas de calor tenden a concentrarse nos últimos anos, con especial incidencia na súa duración. Este feito é particularmente relevante, segundo destacou Hervella, ao existir unha elevada correlación entre temperaturas máximas e mortalidade, pois a partir dun determinado limiar de temperatura máxima as mortes aumentan de forma notable. 

ALERTA ESTE MÉRCORES. O litoral das provincias de Lugo e A Coruña estarán este mércores en alerta amarela porfenómenos costeiros, xa que se espera vento do leste con forza 7, segundo a previsión da Aemet.

Comentarios