Unha carteira que presta servizo en Lugo, Yanira Iglesias Pombo, foi escollida por Correos para protagonizar un vídeo co que se promociona o Camiño Primitivo.
O vídeo pódese ver a través das redes sociais de O Camiño con Correos, tanto en Facebook, Twitter como Youtube. Nesa produción audiovisual, Yanira explica aos peregrinos que transitan polo Camiño Primitivo que ver ao seu paso por Lugo.
Entre as súas recomendacións atópase a visita á Catedral e a praza de Santa María
Para descansar aconsella gozar da Praza do Campo, en pleno centro histórico, e das rúas dos viños da cidade.
O vídeo forma parte dunha serie coa que Correos dá a coñecer diferentes poboacións do Camiño de Santiago a través dos carteiros que traballan nelas e “que percorren as súas rúas día a día”, informa a empresa pública.
Estes consellos do carteiro”, que xa acumulan máis de 25.000 visualizaciones, pódense atopar tamén nunha páxina web específica sobre o Camiño de Santiago –www.elcaminoconcorreos.com -.
Nesa dirección web a empresa postal ofrece a información necesaria para preparar o Camiño, así como datos de Lugo e doutras localidades polas que pasan as rutas xacobeas, con fotografías, mapas e todos os aloxamentos que se ofrecen aos peregrinos.