miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

Vigo comeza este mércores a instalar as luces de Nadal, en pleno agosto

Abel Caballero, no aceso de luces do Nadal pasado. AEP
Abel Caballero, no aceso de luces do Nadal pasado. AEP
As medidas de prevención fronte ao Covid-19, que retardan a montaxe, levaron a Caballero a adiantar os traballos de colocación

A instalación das luces de Nadal en Vigo comezará oficialmente este mércores, segundo anunciou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero. Se o ano pasado comezou en setembro, nesta ocasión o Concello decidiu adiantar os traballados uns vinte días porque "as normas covid van significar que a instalación e montaxe das luces é un pouco máis lento".

Caballero emprazou aos medios de comunicación a un acto que terá lugar este mércores ao mediodía, no cal dará detalles acerca da iluminación programada para este ano. Si adiantou o rexedor que "haberá algunha rúa nova" ornamentada con luces do Nadal pero non quixo dicir nada máis sobre este feito "de alcance", como denominou á instalación das "mellores luces do mundo".

De momento, xa se viu este martes nunha céntrica rúa da cidade un camión da empresa cordobesa de Puente Genil Iluminaciones Ximénez reparando algúns cables para poder comezar con garantías o proceso. 

As luces de Nadal convertéronse en Vigo nun reclamo turístico de primeira orde que nos últimos anos atraeu a miles de persoas non só de Galicia senón doutros puntos de España. Está por ver como afecta a este reclamo a incidencia do coronavirus e que ten previsto o Concello de Vigo para garantir a seguridade sanitaria de todos os asistentes, detalles sobre os que Caballero decidiu gardar silencio ata o mércores.

Vigo comeza este mércores a instalar as luces de Nadal, en pleno...
comentarios