Vigo excarcerará os animais do zoo para convertelo nunha aula de natureza

Abel Caballero cualificou de crueldade “absoluta” a situación que se vive nas instalacións
Abel Caballero. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Abel Caballero. SALVADOR SAS (EFE)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves unha reforma integral do parque zoológico para excarcerar aos animais e converter a zona nunha aula de promoción da natureza.

“Non quero animais en catividade en Vigo. E non quero un zoo que teña animais presos”, dixo Caballero nunha conferencia de prensa.

O rexedor cualificou de crueldade “absoluta” a situación de moitos deses animais salvaxes, encerrados en espazos de poucos metros cadrados.

Caballero sinalou que o proceso de conversión do recinto nun lugar de encontro coa natureza será “suave e tranquilo” porque no zoológico de Vigo hai animais aos que quedan anos de vida e o Concello manteraos ata o final, dado que non hai institucións para albergalos e facerse cargo deles.

O alcalde subliñou que o Concello de Vigo foi o primeiro en prohibir circos con animais no seu territorio

“Queremos que alí haxa educación ambiental, educación verde e contacto coa natureza, por iso sacamos a concurso un programa educativo", sinalou.

O seu proxecto é presentar unha licitación preto de 106.000 euros para institucións que se fagan cargo de organizar visitas educativas, campamentos, voluntariado ambiental e outras iniciativas para "unha transformación do propio concepto do zoológico”.

O alcalde subliñou que o Concello de Vigo foi o primeiro en prohibir circos con animais no seu territorio e considerou que “estes animais no século XXI non poden estar en catividade”.

Caballero indicou que algúns deses animais, cando perden á súa parella tolean, polo que considerar que as condicións de cativerio representan “unha crueldade absoluta”.

“Non quero animais en catividade en Vigo. E non quere un zoo que teña animais presos”

O anuncio do alcalde, que se suma ao que desde hai anos veñen reclamando Marea de Vigo e BNG, foi ben acollido pola asociación Libera e a fundación Franz Weber, que desde hai varios anos leva a cabo en Galicia unha activa campaña para o respecto do benestar animal.

Ambas as entidades, que colaboran en iniciativas similares noutros parques zoológicos de México ou Arxentina, saudaron a intención do rexedor, por considerar que pode contribuír ao desenvolvemento de programas educativos e de concienciación cidadá. 

Comentarios