O vigués Marcos González, elixido mellor barista de España

O representante da marca Delikia Fresh impúxose na final a outros cinco especialistas

Marcos González recibindo o premio ao mellor barista de España. FIRA BARCELONA
photo_camera Marcos González recibindo o premio ao mellor barista de España. FIRA BARCELONA

O galego Marcos González proclamouse este mércores mellor barista de España, a denominación coa que se coñece ao profesional da preparación de cafés.

Segundo informou a organización do salón Hostelco, que este ano se celebra conxuntamente co salón Alimentaria, este vigués, representante da marca Delikia Fresh, impúxose na final a outros cinco especialistas procedentes de Canarias, Castela e León, Galicia, Madrid e Valencia.

Todos os finalistas prepararon catro espressos, dous cappuccinos e dúas bebidas de especialidade co espresso como base en 16 minutos mentres explicaban aos xuíces que café elixiran, as súas propiedades e a mecánica de preparación. 

Comentarios