Villares lamenta na Pontenova que se reduzan os servizos sanitarios no rural

Hai unha praza de médico que non se vai cubrir na localidade mariñá. Dende o Sergas aseguran que se manterá a "calidade asistencial"

Luís Villares. LAVANDEIRA JR. (Efe)
photo_camera Luís Villares. LAVANDEIRA JR. (Efe)

O portavoz de En Marea, Luís Villares, alertou sobre a redución dos servizos sanitarios no rural por parte da Xunta de Galicia. Fíxoo nunha visita este venres na Pontenova, na que denunciou que no hospital hai unha praza de médico que non se vai cubrir, alegando que o cociente é suficiente, polo que sostén que non se está garantindo unha atención adecuada debido á dispersión e o envellecemento da poboación na zona.

Villares asegurou que tamén existe unha praza de celador que non se cobre e provoca "que moita xente maior teña que trasladarse ao centro para pedir cita e facer determinadas xestións que podería facer doutra maneira se a vacante estivese cuberta". Unha situación que, segundo advertiu Villares, se repite noutros municipios. En concreto, explicou que en Meira é necesario "un segundo equipo médico completo para atender a toda a poboación e cubrir unha praza de enfermeiro vacante".

Villares acusa á Xunta de "pedir por unha banda que a xente viva no mundo rural e despois non ofrecer servizos básicos para a cidadanía, como é un dereito á atención sanitaria próxima, vital para salvar vidas". "Esta situación non é exclusiva na Montaña lucense, se non que se está repetindo por toda Galicia e agrávase no verán co peche de camas nos hospitais e o peche de servizos de pediatría".

O portavoz de En Marea enviou unha mensaxe ao goberno da Xunta, alertando de que levarán ao Parlamento estas deficiencias, esixindo a reposición dos servizos. Así, lembra o dereito dunha asistencia sanitaria integral preto do seu domicilio.

Por outra banda, en relación ao protocolo asinado na tarde deste xoves entre En Marea e Lugonovo, para unha concorrencia conxunta ás eleccións municipais de 2019 en Lugo, Villares calculou que neste momento "son vinte as mareas que están a estreitar a súa cooperación co espazo político de En Marea".

Preténdese con isto, compartir recursos humanos e materiais de cara ás eleccións, elaborar un gran banco de ideas, que poida servir de programa electoral para as mareas que o desexen e conseguir unha mellor representación nas deputacións provinciais.

El Sergas garantiza que se mantendrá la "calidad asistencial" en A Pontenova
El Servizo Galego de Saúde ha garantizado el "mantenimiento de la calidad asistencial" que se presta en el centro de salud de A Pontenova y ha asegurado que seguirá contando con los mismos servicios que hasta el momento, como son medicina general, enfermería y servicios administrativos, entre otros. El Servizo Galego de Saúde ha informado, a través de una nota de prensa, que ha realizado una reorganización de los recursos asistenciales asignados a este municipio "sin comprometer la calidad de la asistencia sanitaria que se presta a los vecinos".

A Pontenova cuenta, indica el Sergas, con 2.042 habitantes. Descontada la población en edad pediátrica, dispone de un total de 1.993 tarjetas sanitarias, que se distribuyen entre los dos facultativos del centro de salud. Hasta el momento el centro sanitario contaba con tres facultativos de Medicina Familiar, que tenían asignadas una media de 664 tarjetas cada uno. Además, cuentan con dos profesionales en enfermería y con un auxiliar administrativo.

Según puntualiza el Sergas, tras la jubilación de uno de los tres médicos, el Servizo Galego de Saúde reordenó los cupos, de modo que cada uno de los dos facultativos actuales contará con 998 tarjetas asignadas. El Sergas remarca que se trata de una cifra que mejora la media considerada adecuada, de "1.500 pacientes" por médico.

Además, se añade que la reorganización responde a criterios "objetivos", como "población de referencia, número de tarjetas sanitarias o distribución geográfica", y bajo la premisa de "garantizar la calidad asistencial y la continuidad de todos los servicios".

Comentarios