martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Volotea voará este verán desde Galicia a Menorca, Eivissa e Bilbao

Pasaxeiros no aeroporto Rosalía de Castro. PEPE FERRÍN (AGN)
Pasaxeiros no aeroporto Rosalía de Castro. PEPE FERRÍN (AGN)
A compañía prevé ofrecer "máis de 20.000 novas prazas"

A aerolínea Volotea ofrecerá este verán dúas novas rutas de Santiago de Compostela a Menorca e Eivissa e renovará os voos entre A Coruña e Bilbao, informa nun comunicado.

Volotea prevé ofrecer en Galicia "máis de 20.000 novas prazas este verán", o que representa "un 300% máis que en 2019", subliña a compañía aérea.

As rutas entre a capital galega e as dúas illas de Baleares, a razón de dúas frecuencias semanais os luns e venres para Eivissa, serán operativos a partir do 3 de xullo, e os de Menorca serán o domingo e mércores a partir do 5 de xullo.

En canto aos voos entre A Coruña e Bilbao comezarán en xullo, tamén con dúas frecuencias semanais os xoves e domingos.

Volotea voará este verán desde Galicia a Menorca, Eivissa e Bilbao
comentarios