A xuíza do caso Meirás ve "difícil" o acordo ao comezo da audiencia previa

O alcalde de Sada fala de "día histórico" e o resto das partes coinciden coa maxistrada en dubidar da posibilidade de entendemento
Foto de archivo do Pazo de Meirás. AEP
photo_camera Pazo de Meirás. AEP

A titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña ofreceu na mañá deste venres ás partes a posibilidade de negociar un acordo sobre a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público aínda que "xa sei que é difícil", dixo, antes de ratificar a imposibilidade do mesmo.

O xulgado acolle este venres a audiencia previa ao xuízo sobre a titularidade do Pazo de Meirás inmoble, que nos últimos anos protagonizou unha infinidade de reclamacións desde Galicia para que volva ser integrado nos bens do Estado.

Previamente, en declaracións aos medios á súa chegada aos xulgados, as partes xa mostraran as súas dúbidas ante a posibilidade de alcanzar un acordo.

Deste xeito, o avogado da familia Franco, Luis Felipe Utrera Molina, asegurou que dubida "moito" de que se poida alcanzar un acordo.

Igualmente, a Avogacía do Estado recoñeceu tamén ante os medios que "non vai ser fácil" que as partes coincidan.

Máis aló da posibilidade dun acordo no día de hoxe, o alcalde de Sada, Benito Portela, localidade onde se sitúa o inmoble e cuxo concello é parte na causa, sostivo que "hoxe é un día histórico" porque "é o comezo da recuperación da dignidade para todo o Estado".

Comentarios