A Xunta achegará catro millóns en subvencións para aloxamentos turísticos

Espérase que a medida beneficie a uns 550 establecementos galegos

Habitación de un hotel. EP
photo_camera Habitación dun hotel. EP

A Xunta presentou este luns en Pontevedra a nova convocatoria de axudas aberta en relación ao Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos. Trátase de dúas ordes dotadas con catro millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiar a 550 establecementos galegos. 

Ao encontro asistiron representantes do sector turístico e a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz; o subdirector de Emprego, Juan Lirón Lago, e a técnica responsable de programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Carla García Valcarce. 

A Xunta presentou dúas ordes dotadas con catro millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiar a 550 establecementos galegos incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector. Deberán acreditar unha antigüidade na actividade non inferior a cinco anos. 

Fundamentalmente subvenciónanse cuestións como a mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras; mellora nas instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade; para incrementar a categoría do establecemento; para a posta en marcha de medidas de aforro enerxético e de embelecemento do aloxamento, así como a renovación dos equipamentos mobles necesarias. 

Ademais, entre os criterios de valoración atópanse tamén o grao de investimento, o impacto no emprego, o tamaño da entidade e que estean en posesión tanto dalgún certificado de calidade para o sector turístico como dalgunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida. Finalmente, terase en conta que as empresas solicitantes teñan implementados un plan de igualdade ou de formación

O investimento neto admitida por cada proposta será de ata 100.000 euros. Os proxectos poderán conseguir unha subvención de ata o 35% sobre o orzamento do investimento subvencionable. 

O Plan MAT comprende case 20 liñas de axudas a través de subvencións e instrumentos financeiros. Ademais, vai acompañado de numerosas actuacións talles como a creación dun mapa interactivo de axudas que permita ao sector coñecer con detalle os recursos dispoñibles; actividades formativas, xornadas de networking, encontros informativos con expertos, difusión de boas prácticas, recoñecemento e distinción da excelencia ou cursos de especialización, entre outros. 

Comentarios