A Xunta amplía a outubro o prazo para as axudas para previr danos por fauna silvestre

A partida está dotada con 300.000 euros para este ano
El jabalí está ocasionando multitud de destrozos en plantaciones gallegas.
photo_camera Desfeitas do xabaril nunha plantación. EP

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prolongará un mes máis, ata outubro, o "prazo máximo" para que os solicitantes das axudas para prevención de danos causados por determinadas especies de fauna silvestre poidan xustificar os gastos obxecto da subvención.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), que publica este martes unha modificación das bases da orde, convocada o pasado mes de xaneiro e dotada con 300.000 euros para este ano.

Segundo explicou a Xunta nun comunicado, o fin destas subvencións céntrase en apoiar "ás persoas titulares de actividades gandeiras e agrícolas afectadas os danos que causan o lobo e o xabaril", coa finalidade, engade, "de fomentar a aplicación de medidas de protección".

Deste xeito, a Consellería de Medio Ambiente busca incentivar a adquisición de elementos preventivos co "fin de evitar os prexuízos que as incursións destes animais silvestres poden chegar a causar nas explotacións", indicou.

A Xunta apuntou que no marco desta convocatoria recibiuse xa un "elevado número de solicitudes", o que, engade, "implica un gran volume de expedientes", sobre todo "tendo en conta que a orde de axudas establece dúas liñas: unha para a prevención dos danos ocasionados polo lobo e outra para a prevención dos danos ocasionados polo xabaril".

Comentarios