A Xunta aproba o plan para vacinar de covid-19 a 40.000 pacientes prioritarios

Serán os usuarios de residencias de maiores, os traballadores das mesmas e persoal sanitario
Un voluntario se vacuna en Barcelona. ENRIC FONTCUBERTA
photo_camera Un voluntario vacínase en Barcelona. ENRIC FONTCUBERTA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a aprobación dun plan de vacinación ante a covid-19 polo que se vacinarán de xeito inicial un total de 40.000 pacientes prioritarios que serán os usuarios de residencias de maiores, os traballadores das mesmas e persoal sanitario. 

Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, que presidiu o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, Rueda explicou que esta vacinación se realizará de xeito inmediato "sen perder un minuto" en canto dispoñan das primeiras doses da vacina, que serán as de Pfizer. 

Tamén informou da posta en marcha dun seguro de coronavirus gratuíto para os turistas que cheguen a Galicia o ano que vén e resulten afectados polo covid-19, tanto no caso de ter que gardar corentena como para os supostos de hospitalización, a partir de finais do primeiro trimestre de 2021.