Pechados outros seis concellos no Salnés e A Costa da Morte

Alivia restricións en Viveiro, Vedra, O Pino, Mugardos, Toén e San Cibrao das Viñas
Fabiola García y García Comesaña. LAVANDEIRA JR
photo_camera O comité clínico que asesora á Xunta. EP

O comité clínico que asesora á Xunta decidiu relaxar as restricións en seis concellos, que pasan do nivel 3 ao 2. Son Viveiro, Vedra, O Pino Mugardos, Toén e San Cibrao das Viñas. Isto significa que se levanta o peche perimetral e parte das limitacións á hostalería, que poderán abrir as súas terrazas cun aforamento do 75% e ao 50% no interior.

En cambio, soben a ese nivel varios municipios: Cee, Dumbría e Muxía, na comarca de Fisterra; e Ribadumia, Meis e Meaño, no Salnés. "Pedimos un esforzo adicional aos seus habitantes", indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Sarria e Chantada, cuxa evolución é "boa", seguen en seguimento especial pero non se elevan as súas restricións ao chamado modelo O Carballiño, o máis duro establecido pola Xunta. Tampouco se toman medidas adicionais na Rúa, Petín, Ribeira e Ordes.

CIDADES. O comité valorou aliviar as restricións nalgunhas das cidades, aínda que finalmente mantívoas en todas elas. A pesar diso, os expertos destacaron a melloría en A Coruña, Ferrol, Santiago, Ourense e Lugo. "En Santiago e Ourense esperamos que nos vindeiros días poidamos aliviar as restricións", apuntou García Comesaña.

Vigo e Pontevedra non presentan tan boas perspectivas. A incidencia mantense elevada na cidade olívica, con 300 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. E na Boa Vila a situación é estable pero aínda debe mellorar.

Comentarios