A Xunta dá o toque a unha profesora da Pontenova por impartir Matemáticas en galego

A profesora do instituto do concello lucense asegura que a chamaron desde a Consellería pola súa "desobediencia"

Pizarra dunha clase de matemáticas. PIXABAY
photo_camera Pizarra dunha clase de matemáticas. PIXABAY

A profesora de matemáticas do Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais de A Pontenova, en Lugo, Sabela Núñez denunciou a semana pasada nas redes sociais unha chamada dende a Xunta de Galicia para reprendela polas súas clases. Dende a Administración lembráronlle que "a matemáticas non poden impartirse en galego, que só poden ser en castelán ou... en inglés".

Núñez deu no seu escrito de Facebook unha razón pola que falaba en galego cos rapaces. "O 100% do alumnado é galegofalante. A profesora tamén e aprobou hai 28 anos unha oposición para ser docente en GALICIA (sic)", asegurou.

A publicación da docente continúa: "Cada inicio de curso comento na aula que no 2010 a Xunta sacou un Decreto que me 'obriga' a impartir as clases en castelán. Falamos do sentido común e seguimos a entendernos de marabilla na nosa lingua".

Comentarios