O Goberno galego eleva o teito de gasto a 9.850 millóns, un 3,8 % máis que en 2018

Segundo Feijóo, a previsión de crecemento da economía galega para o próximo ano é do 2,5% e a taxa de paro situaríase no 12,7%

20181010_consello_03
photo_camera 20181010_consello_03

O Goberno galego deu este mércores o visto e prace ao teito de gasto para o próximo ano por 9.850 millóns de euros, 363 millóns máis (un 3,8%) que o ano pasado.

Segundo avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a previsión de crecemento da economía galega para o próximo ano é do 2,5%, "máis que o conxunto de España", e a taxa de paro situaríase no 12,7 por cento.

Explicou que o teito de gasto, que se debaterá e votará a próxima semana nun pleno no Parlamento galego, prevé un déficit de 69 millóns de euros, o 0,1% do PIB, co que "practicamente" Galicia non terá que recorrer a débeda pública o próximo ano.

Comentarios